xoves, 28 de novembro de 2013

MAGOSTO E DÍA DO PEÓN

Este ano fixemos unha celebración conxunta... que mellor idea que comer castañas mentres xogamos ao peón??? Aquí vos deixamos algúns dos bos momentos que pasamos!!! O MAGOSTO E O DÍA DO PEÓN INFANTIL on PhotoPeach MAGOSTO E DÍA DO PEÓN 1º ciclo on PhotoPeach MAGOSTO E DÍA DO PEÓN 2º e 3º ciclo on PhotoPeach ENTREGA DE DIPLOMAS DO CAMPIONATO DE PEÓNS on PhotoPeach

xoves, 21 de novembro de 2013

NO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO!!!

Como cada ano e debido ao éxito doutras edicións, continamos a celebrar o San Martiño decorando os nosos peóns para logo utilizalos no reñido campionato celebrado o 11 de novembro no patio do noso colexio. No San Martiño peóns no camiño on PhotoPeach

xoves, 7 de novembro de 2013

Máis Samaín....

Os nenos e nenas de infantil pasaron un auténtico día de medo.... meigallos nun día bruxo, postres terroríficamente deliciosos... quen non o pasa ben así? Ahí vos deixamos algunhas fotiñas dos nenos e nenas de primeiro coas súas cabazas... quedaron ben chulas!!! INFANTIL CELEBRANDO O SAMAÍN on PhotoPeach AS CABAZAS DE PRIMEIRO on PhotoPeach

luns, 4 de novembro de 2013

SAMAÍN 2013

Durante tres días o noso cole converteuse nunha verdadeira morada do medo... Grazas á colaboración de alumn@s, mestr@s e familias, outro ano máis puidemos celebrar un Samaín terrorífico. Queda así claro que traballando en equipo poden saír cousas tan divertidas e medoñentas como cabazas monstruosas, tétricos corredores e días cheos de tenebrosas sorpresas... PREPARADOS PARA PASAR MEDO!!!! CEIP SAN VICENZO (SAMAÍN vs HALLOWEEN 2013) on PhotoPeach