domingo, 19 de xaneiro de 2014

EXCURSIÓNS PRIMEIRO TRIMESTRE

Aquí vos deixamos as fotos das excursións que fixemos o pasado primeiro trimestre. Todas elas foron excursións moi divertidas, toda unha convivencia cos nosos compis e unha boa experiencia para aprender cousas novas. As saídas foron as seguintes...

INFANTIL: Baio, Planetario ofertada pola Caixa.
1º CICLO: A Coruña, Teatro Colón: "A Flauta Máxica".
2º CICLO: A Coruña, Museo MUNCYT (museo de ciencia y tecnología).
3º CICLO: A Coruña, Museo de Belas Artes.


Infantil: Como estábamos metidos de cheo nese mundo tan apaixoante e misterioso como é o UNIVERSO, ocurríusenos que una boa excursión podería ser visitar o planetario, e así coñecer un pouco máis de preto todo aquilo que está enriba das nosas cacholas e que tanto nos atrae. Planetario infantil on PhotoPeach

1º ciclo: Que mellor maneira de rematar o trimestre que disfrutando dunha boa ópera infantil "A flauta máxica", ese xénero tan descoñecidos por todos pero á vez tan divertido... Unha boa mañá coa compañía de teatro FERRO TEATRO que nos deron a coñecer os personaxes desta ópera de Mozart como Tamino, Papageno, Monostatos,... Excursión primeiro ciclo on PhotoPeach
2º ciclo: A visita ao MUNCYT foi do máis divertida e interesante, fumos quen de facer os nosos propios autoxiros e facelos voar, coñecimos pequenos grandes inventos e pegámonos unha boa merendola no comedor do mesmo museo... foi un día do máis completo!!! Excursión 2º ciclo on PhotoPeach

3º ciclo: Rematamos o trimestre cun pouquiño de arte, e o mellor xeito de apreciala pensamos que podería ser vela e disfrutala transformándonos, por un momento, en grandes artistas. Despois de tanta cultura, un pouco de deporte na sala de birlos da Coruña, non veu nada mal. excursión 3º ciclo on PhotoPeach

mércores, 1 de xaneiro de 2014

O MAKING OFF DO NOSO CALENDARIO

Este ano arrasamos en ventas co noso calendario... queremos darvos as grazas pola vosa colaboración!!! aquí vos deixamos algunha fotiña das que fixemos para poner no calendario, ese que xa teredes colgado na vosa neveira ou detrais da porta da cociña... calendario on PhotoPeach