domingo, 7 de setembro de 2014

FESTIVAL FIN DE CURSO: TERCEIRO CICLO

E xa para rematar, os alumnos/as de 5º deleitáronnos coas súas divertidas actuacións, mentras os de 6º nos sorprenderon con unha divertida despedida.

venres, 5 de setembro de 2014

mércores, 7 de maio de 2014

Manolo rivas "O raposo e a mestra"

O segundo ciclo e o Raposo e a mestra

     O gran Manolo Rivas, escritor galego de gran prestixio, veu a presentarnos a animación do seu libro "O raposo e a mestra". Mentres el nos lía, diferentes sons en directo e producidos con varios instrumentos e materiais de refugallo, acompañaban á lectura. Conseguiron así que todos visualizásemos ese conto, que tanto nos gustou mentres o liamos tanto nas nosas casas como na aula. A actuación tivo lugar na casa da cultura do concello de Vimianzo, e outros colexios acudiron xunto a nós, para ver a Manolo Rivas na súa interpretación. A continuación poderedes ver algunhas das fotos que inmortalizaron ese gran momento.

 

Manolo Rivas on PhotoPeach

venres, 11 de abril de 2014

CARREIRA SOLIDARIA "SAVE THE CHILDREN"

Coma anos anteriores vimos colaborando xunto coa ONG SAVE THE CHILDREN para a recadación de fondos para axudar a todos aqueles nenos que o precisan. A través de actividades solidarias coma esta tamén estamos a inculcar, nos nenos e nenas principios de solidaridade e compromiso cos máis necesitados; amosarlles que con xestos pequenos se poden conseguir feitos grandes... Si clicades na foto poderedes acceder á páxina oficial de dita ONG.

Dende aquí tamén queremos darvos as grazas a todos os que colaborástedes desinteresadamente.

http://www.savethechildren.es/

A continuación poderedes ver como nos implicamos e nos esforzamos por correr na defensa dos dereitos da infancia:


CARREIRA ALUMN@S DE INFANTIL. CARREIRA "KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE" INFANTIL on PhotoPeach

 

CARREIRA "KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE" PRIMARIA 1º E 2º on PhotoPeach

CARREIRA "KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE" PRIMARIA 3º E 4º on PhotoPeach


CARREIRA "KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE" PRIMARIA 5º E 6º on PhotoPeach

luns, 24 de febreiro de 2014

ROSALÍA DE CASTRO

 
 
24 DE FEBREIRO... día de Rosalía de Castro!!!. Na entrada á biblioteca fixemos un pequeno recuncho con información sobre a nosa escritora galega. Nas aulas traballamos sobre a vida a obra sobre esta muller tan ilustre e importante para a lingua e literatura galega.
Dende o departamento de normalización fixemos unha pequena recompilación de páxinas interesantes para acceder tanto á vida como á obra desta gran escritora. Incluso moitas destas páxinas ofrecen unha serie de actividades que se poden desenrolar nas aulas empregando a pizarra dixital.

Vida e obra nos seguintes enlaces:
ENLACE 1
ENLACE 2

Actividades nos seguintes enlaces:
ACTIVIDADES 1
ACTIVIDADES 2

Recomendámosvos un libro de nova edición (2013) titulado, "Rosalía pequeniña" de Editorial Galaxia: A música é sempre un dos mellores vehículos para descubrir e gozar da poesía. Uxía déixanos un feixe de cancións para retratar esa muller que uns chamaron tola e outros santa: a verdadeira Rosalía. Rosalía pequeniña, pirata, poeta, aventureria ou fada. Rosalía pequeniña para cantar, para rir, para gozar ou bailar. Rosalía de Castro. Na voz de Uxía e na voz dunha lexión de cantadeiras e un nutrido grupo de músicos.

venres, 7 de febreiro de 2014

30 DE XANEIRO.... CHEGOU A PAZ!

Como cada 30 de xaneiro chegou o dia da paz, todos xuntos conmemoramos este dia tan importante nas escaleiras do noso colexio (debido ao mal tempo). Cada curso leu os seus traballos en voz alta. Clausuramos este acto cantando a canción do grupo Maldita Nera, "Hecho con tus sueños". Como novidade, este ano fixemos un pequeno concurso titulado "Un eslogan pola paz", no que os concursantes fixeron un debuxo acompañado dunha frase que invitaba á paz e á non violencia. Os finalistas recibiron o premio de ver os seus traballos feitos pegatinas. Todos fomos agasallados con este pegatina para lucir nas nosas libretas, mochilas, chaquetas... OS PREMIADOS FORON: Ed. Infantil: Idaira (4 anos). 1º Ciclo: Sara 1ºA, Antía 1ºB. 2º Ciclo: Natalia 3ºB, Ángel 3ºA. 3º Ciclo: Adrián 5ºB. GRACIAS A TOD@S POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!!! PAZ 2014 on PhotoPeach

xoves, 6 de febreiro de 2014

FINALISTAS BRILÉ PRIMEIRO TRIMESTRE

E aquí temos esas fotos tan esperadas por todos... OS FINALISTAS DO CAMPIONATO DE BRILÉ DO PRIMEIRO TRIMESTRE!!!. O campionato continúa, estes nen@s son uns auténticos deportistas, e todos queren salir na foto dos finalistas... Moita sorte e a seguir participando!!!! Finalistas campionato brilé on PhotoPeach

domingo, 19 de xaneiro de 2014

EXCURSIÓNS PRIMEIRO TRIMESTRE

Aquí vos deixamos as fotos das excursións que fixemos o pasado primeiro trimestre. Todas elas foron excursións moi divertidas, toda unha convivencia cos nosos compis e unha boa experiencia para aprender cousas novas. As saídas foron as seguintes...

INFANTIL: Baio, Planetario ofertada pola Caixa.
1º CICLO: A Coruña, Teatro Colón: "A Flauta Máxica".
2º CICLO: A Coruña, Museo MUNCYT (museo de ciencia y tecnología).
3º CICLO: A Coruña, Museo de Belas Artes.


Infantil: Como estábamos metidos de cheo nese mundo tan apaixoante e misterioso como é o UNIVERSO, ocurríusenos que una boa excursión podería ser visitar o planetario, e así coñecer un pouco máis de preto todo aquilo que está enriba das nosas cacholas e que tanto nos atrae. Planetario infantil on PhotoPeach

1º ciclo: Que mellor maneira de rematar o trimestre que disfrutando dunha boa ópera infantil "A flauta máxica", ese xénero tan descoñecidos por todos pero á vez tan divertido... Unha boa mañá coa compañía de teatro FERRO TEATRO que nos deron a coñecer os personaxes desta ópera de Mozart como Tamino, Papageno, Monostatos,... Excursión primeiro ciclo on PhotoPeach
2º ciclo: A visita ao MUNCYT foi do máis divertida e interesante, fumos quen de facer os nosos propios autoxiros e facelos voar, coñecimos pequenos grandes inventos e pegámonos unha boa merendola no comedor do mesmo museo... foi un día do máis completo!!! Excursión 2º ciclo on PhotoPeach

3º ciclo: Rematamos o trimestre cun pouquiño de arte, e o mellor xeito de apreciala pensamos que podería ser vela e disfrutala transformándonos, por un momento, en grandes artistas. Despois de tanta cultura, un pouco de deporte na sala de birlos da Coruña, non veu nada mal. excursión 3º ciclo on PhotoPeach

mércores, 1 de xaneiro de 2014

O MAKING OFF DO NOSO CALENDARIO

Este ano arrasamos en ventas co noso calendario... queremos darvos as grazas pola vosa colaboración!!! aquí vos deixamos algunha fotiña das que fixemos para poner no calendario, ese que xa teredes colgado na vosa neveira ou detrais da porta da cociña... calendario on PhotoPeach