venres, 20 de decembro de 2013

NADAL

Como outros anos, pretendemos que o último día de clase, antes das vacacións de nadal, sexa un día divertido, diferente e sorprendente. Como somos un cole moi moderno incluso falamos con Papá Noel a través dunha videoconferencia. Os máis pequechos puideron disfrutar dunha conversa con Papá Noel empregando o material informático preciso que nos proporcionaron dende o telecentro do noso concello... Aquí vos deixamos fotos da festa de infantil e de algún curso máis! nadal on PhotoPeach

xoves, 19 de decembro de 2013

25 DE NOVEMBRO... DI NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

A través do concello os alumnos e alumnas do segundo ciclo fomos invitados a unha sesión de contacontos na casa da cultura. Empregando o noso maxín, e axudados dun gran contacontos, metímonos en historias tan apaixoantes como a de unha nena que chegou a ser pirata, a pesar das trabas que todos lle poñían por consideralo un oficio de homes. Aprenderon que todos podemos ser o que nos propoñamos, porque os traballos non entenden de xéneros, naide pode frenar os nosos soños porque con esforzo e ganas pódense lograr moitas cousas, independientemente de si somos homes ou mulleres. 25 de novembro on PhotoPeach

xoves, 12 de decembro de 2013

SESIÓN DE MICOLOXÍA

Grazas á colaboración de Belén Tapia, nai dunha das nosas alumnas, puidemos disfrutar dunhas XORNADAS MICOLÓXICAS do máis interesantes e enriquecedoras. Aquí vos deixamos algunhas fotiñas. Grazas Belén e esperámoste para o ano que vén! os cogumelos on PhotoPeach