mércores, 7 de maio de 2014

Manolo rivas "O raposo e a mestra"

O segundo ciclo e o Raposo e a mestra

     O gran Manolo Rivas, escritor galego de gran prestixio, veu a presentarnos a animación do seu libro "O raposo e a mestra". Mentres el nos lía, diferentes sons en directo e producidos con varios instrumentos e materiais de refugallo, acompañaban á lectura. Conseguiron así que todos visualizásemos ese conto, que tanto nos gustou mentres o liamos tanto nas nosas casas como na aula. A actuación tivo lugar na casa da cultura do concello de Vimianzo, e outros colexios acudiron xunto a nós, para ver a Manolo Rivas na súa interpretación. A continuación poderedes ver algunhas das fotos que inmortalizaron ese gran momento.

 

Manolo Rivas on PhotoPeach