venres, 20 de decembro de 2013

NADAL

Como outros anos, pretendemos que o último día de clase, antes das vacacións de nadal, sexa un día divertido, diferente e sorprendente. Como somos un cole moi moderno incluso falamos con Papá Noel a través dunha videoconferencia. Os máis pequechos puideron disfrutar dunha conversa con Papá Noel empregando o material informático preciso que nos proporcionaron dende o telecentro do noso concello... Aquí vos deixamos fotos da festa de infantil e de algún curso máis! nadal on PhotoPeach

xoves, 19 de decembro de 2013

25 DE NOVEMBRO... DI NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

A través do concello os alumnos e alumnas do segundo ciclo fomos invitados a unha sesión de contacontos na casa da cultura. Empregando o noso maxín, e axudados dun gran contacontos, metímonos en historias tan apaixoantes como a de unha nena que chegou a ser pirata, a pesar das trabas que todos lle poñían por consideralo un oficio de homes. Aprenderon que todos podemos ser o que nos propoñamos, porque os traballos non entenden de xéneros, naide pode frenar os nosos soños porque con esforzo e ganas pódense lograr moitas cousas, independientemente de si somos homes ou mulleres. 25 de novembro on PhotoPeach

xoves, 12 de decembro de 2013

SESIÓN DE MICOLOXÍA

Grazas á colaboración de Belén Tapia, nai dunha das nosas alumnas, puidemos disfrutar dunhas XORNADAS MICOLÓXICAS do máis interesantes e enriquecedoras. Aquí vos deixamos algunhas fotiñas. Grazas Belén e esperámoste para o ano que vén! os cogumelos on PhotoPeach

xoves, 28 de novembro de 2013

MAGOSTO E DÍA DO PEÓN

Este ano fixemos unha celebración conxunta... que mellor idea que comer castañas mentres xogamos ao peón??? Aquí vos deixamos algúns dos bos momentos que pasamos!!! O MAGOSTO E O DÍA DO PEÓN INFANTIL on PhotoPeach MAGOSTO E DÍA DO PEÓN 1º ciclo on PhotoPeach MAGOSTO E DÍA DO PEÓN 2º e 3º ciclo on PhotoPeach ENTREGA DE DIPLOMAS DO CAMPIONATO DE PEÓNS on PhotoPeach

xoves, 21 de novembro de 2013

NO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO!!!

Como cada ano e debido ao éxito doutras edicións, continamos a celebrar o San Martiño decorando os nosos peóns para logo utilizalos no reñido campionato celebrado o 11 de novembro no patio do noso colexio. No San Martiño peóns no camiño on PhotoPeach

xoves, 7 de novembro de 2013

Máis Samaín....

Os nenos e nenas de infantil pasaron un auténtico día de medo.... meigallos nun día bruxo, postres terroríficamente deliciosos... quen non o pasa ben así? Ahí vos deixamos algunhas fotiñas dos nenos e nenas de primeiro coas súas cabazas... quedaron ben chulas!!! INFANTIL CELEBRANDO O SAMAÍN on PhotoPeach AS CABAZAS DE PRIMEIRO on PhotoPeach

luns, 4 de novembro de 2013

SAMAÍN 2013

Durante tres días o noso cole converteuse nunha verdadeira morada do medo... Grazas á colaboración de alumn@s, mestr@s e familias, outro ano máis puidemos celebrar un Samaín terrorífico. Queda así claro que traballando en equipo poden saír cousas tan divertidas e medoñentas como cabazas monstruosas, tétricos corredores e días cheos de tenebrosas sorpresas... PREPARADOS PARA PASAR MEDO!!!! CEIP SAN VICENZO (SAMAÍN vs HALLOWEEN 2013) on PhotoPeach

luns, 28 de outubro de 2013

CONTAMOS... CONTOS!

Os alumnos e alumnas de 4ºA animáronse a contarlle o conto de Corre Corre, cabaciña aos nenos e nenas de infantil. Fixeron un gran esforzo para superar esas vergoñas que nun principio os frenaba a participar, xa que ler para que te escoiten, non é unha tarefa fácil...non sí? Como resultado tiveron un público que permaneceu moi atento e que mostrou un gran interés por participar nesta actividade. Ahí vos deixamos unhas fotiños que recollen o bo momento que pasamos. corre corre cabaciña alumn@s de 4ºA on PhotoPeach

luns, 14 de outubro de 2013

XA ESTAMOS AQUI



DAMOS COMEZO A UNHA NOVA ANDAINA NO NOSO COLE E CONVIDAMOSVOS A QUE NOS ACOMPAÑEDES!!!

A TRAVÉS DESTE BLOG QUEREMOS FACERVOS PARTÍCIPES DAS NOSAS ACTIVIDADES E EXPERIENCIAS ESCOLARES; COLGAREMOS FOTOS, NOVAS, ENLACES INTERESANTES E DIFERENTES RECURSOS AOS QUE PODEREDES ACCEDER DENDE AS VOSAS CASAS.


IMOS ALÓ!!!