luns, 24 de febreiro de 2014

ROSALÍA DE CASTRO

 
 
24 DE FEBREIRO... día de Rosalía de Castro!!!. Na entrada á biblioteca fixemos un pequeno recuncho con información sobre a nosa escritora galega. Nas aulas traballamos sobre a vida a obra sobre esta muller tan ilustre e importante para a lingua e literatura galega.
Dende o departamento de normalización fixemos unha pequena recompilación de páxinas interesantes para acceder tanto á vida como á obra desta gran escritora. Incluso moitas destas páxinas ofrecen unha serie de actividades que se poden desenrolar nas aulas empregando a pizarra dixital.

Vida e obra nos seguintes enlaces:
ENLACE 1
ENLACE 2

Actividades nos seguintes enlaces:
ACTIVIDADES 1
ACTIVIDADES 2

Recomendámosvos un libro de nova edición (2013) titulado, "Rosalía pequeniña" de Editorial Galaxia: A música é sempre un dos mellores vehículos para descubrir e gozar da poesía. Uxía déixanos un feixe de cancións para retratar esa muller que uns chamaron tola e outros santa: a verdadeira Rosalía. Rosalía pequeniña, pirata, poeta, aventureria ou fada. Rosalía pequeniña para cantar, para rir, para gozar ou bailar. Rosalía de Castro. Na voz de Uxía e na voz dunha lexión de cantadeiras e un nutrido grupo de músicos.

venres, 7 de febreiro de 2014

30 DE XANEIRO.... CHEGOU A PAZ!

Como cada 30 de xaneiro chegou o dia da paz, todos xuntos conmemoramos este dia tan importante nas escaleiras do noso colexio (debido ao mal tempo). Cada curso leu os seus traballos en voz alta. Clausuramos este acto cantando a canción do grupo Maldita Nera, "Hecho con tus sueños". Como novidade, este ano fixemos un pequeno concurso titulado "Un eslogan pola paz", no que os concursantes fixeron un debuxo acompañado dunha frase que invitaba á paz e á non violencia. Os finalistas recibiron o premio de ver os seus traballos feitos pegatinas. Todos fomos agasallados con este pegatina para lucir nas nosas libretas, mochilas, chaquetas... OS PREMIADOS FORON: Ed. Infantil: Idaira (4 anos). 1º Ciclo: Sara 1ºA, Antía 1ºB. 2º Ciclo: Natalia 3ºB, Ángel 3ºA. 3º Ciclo: Adrián 5ºB. GRACIAS A TOD@S POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!!! PAZ 2014 on PhotoPeach

xoves, 6 de febreiro de 2014

FINALISTAS BRILÉ PRIMEIRO TRIMESTRE

E aquí temos esas fotos tan esperadas por todos... OS FINALISTAS DO CAMPIONATO DE BRILÉ DO PRIMEIRO TRIMESTRE!!!. O campionato continúa, estes nen@s son uns auténticos deportistas, e todos queren salir na foto dos finalistas... Moita sorte e a seguir participando!!!! Finalistas campionato brilé on PhotoPeach