xoves, 19 de decembro de 2013

25 DE NOVEMBRO... DI NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

A través do concello os alumnos e alumnas do segundo ciclo fomos invitados a unha sesión de contacontos na casa da cultura. Empregando o noso maxín, e axudados dun gran contacontos, metímonos en historias tan apaixoantes como a de unha nena que chegou a ser pirata, a pesar das trabas que todos lle poñían por consideralo un oficio de homes. Aprenderon que todos podemos ser o que nos propoñamos, porque os traballos non entenden de xéneros, naide pode frenar os nosos soños porque con esforzo e ganas pódense lograr moitas cousas, independientemente de si somos homes ou mulleres. 25 de novembro on PhotoPeach