luns, 24 de febreiro de 2014

ROSALÍA DE CASTRO

 
 
24 DE FEBREIRO... día de Rosalía de Castro!!!. Na entrada á biblioteca fixemos un pequeno recuncho con información sobre a nosa escritora galega. Nas aulas traballamos sobre a vida a obra sobre esta muller tan ilustre e importante para a lingua e literatura galega.
Dende o departamento de normalización fixemos unha pequena recompilación de páxinas interesantes para acceder tanto á vida como á obra desta gran escritora. Incluso moitas destas páxinas ofrecen unha serie de actividades que se poden desenrolar nas aulas empregando a pizarra dixital.

Vida e obra nos seguintes enlaces:
ENLACE 1
ENLACE 2

Actividades nos seguintes enlaces:
ACTIVIDADES 1
ACTIVIDADES 2

Recomendámosvos un libro de nova edición (2013) titulado, "Rosalía pequeniña" de Editorial Galaxia: A música é sempre un dos mellores vehículos para descubrir e gozar da poesía. Uxía déixanos un feixe de cancións para retratar esa muller que uns chamaron tola e outros santa: a verdadeira Rosalía. Rosalía pequeniña, pirata, poeta, aventureria ou fada. Rosalía pequeniña para cantar, para rir, para gozar ou bailar. Rosalía de Castro. Na voz de Uxía e na voz dunha lexión de cantadeiras e un nutrido grupo de músicos.