venres, 7 de febreiro de 2014

30 DE XANEIRO.... CHEGOU A PAZ!

Como cada 30 de xaneiro chegou o dia da paz, todos xuntos conmemoramos este dia tan importante nas escaleiras do noso colexio (debido ao mal tempo). Cada curso leu os seus traballos en voz alta. Clausuramos este acto cantando a canción do grupo Maldita Nera, "Hecho con tus sueños". Como novidade, este ano fixemos un pequeno concurso titulado "Un eslogan pola paz", no que os concursantes fixeron un debuxo acompañado dunha frase que invitaba á paz e á non violencia. Os finalistas recibiron o premio de ver os seus traballos feitos pegatinas. Todos fomos agasallados con este pegatina para lucir nas nosas libretas, mochilas, chaquetas... OS PREMIADOS FORON: Ed. Infantil: Idaira (4 anos). 1º Ciclo: Sara 1ºA, Antía 1ºB. 2º Ciclo: Natalia 3ºB, Ángel 3ºA. 3º Ciclo: Adrián 5ºB. GRACIAS A TOD@S POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!!! PAZ 2014 on PhotoPeach